ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

21/06/14

Made in Galiza

Comentario de Uxía Mosquera Castro

Made in Galiza
Séchu Sende
Galaxia
 
 
 
Sinceramente un moi bo libro, fíxome reflexionar moito sobre o estado da nosa lingua, e o moito que a debemos coidar, querela e transmitirlle ese gozo de falala a todas as persoas que cren que esta lingua non vale para nada e que é moi brutallana, cousa coa que non estou nada de acordo. Este libro consta de relatos moi breves, na que fala da situación minoritaria do galego.
 Recoméndolle Made in Galiza en primeiro lugar a toda a xente para que se dea conta do importante que é o galego, e que é unha lingua preciosa, pero sobre todo a todos os galegos e galegas que desprezan tanto esta lingua e non a usan, dicirlles que reflexionaran un pouco con este libro, e que se deran de conta da importancia desta lingua, que é de noso, da nosa terra e non merece o desprezo tan grande que ten, porque non se debe perder.

Sen comentarios