Esta novela de Xelís de Toro xoga con dous lugares
totalmente distintos: Londres e Galicia, esta última onde se desenvolve a maior
parte da historia.
Os ideais deste libro gústanme moito xa que afronta a
capacidade que temos de cambiar, neste caso para mellor, topar outro camiño.
A medida que lin o libro decateime de que a palabra
“paraíso” era unha referencia a Galicia, algo que me agradou; define unha aldea
propiamente galega, onde todo o mundo se coñece e sabe cada un dos segredos do
próximo.
Outra parte da novela que me gustaría destacar son os
distintos temas que trata dende un asasinato, ao principio; o amor , cada
un dos saltimbanquis namora dunha galega; a soidade, cando Vicente se ve só
en Londres; e por último a felicidade, cando Vicente decide volver a
Galicia.
O libro posúe características moi óptimas para a súa
lectura como son unha historia entretida que fai que queiras seguir lendo,
todos os temas dos que anteriormente falei, e ademais disto posúe unha lectura
sinxela que fai máis levadeira a historia.
No final, Vicente semella escamas, propias dun
lagarto, sen dúbida quedei perplexa ante isto, e rapidamente decateime do
significado da portada do libro, pareceume unha idea propia dunha escritor moi
intelixente e á súa vez con ganas de sorprender ao lector.
Por outro lado do libro, algo que me resultou moi
gracioso, é que os amigos Londinenses de Vicente , que non comprendían o
galego, soltasen expresións propiamente da nosa terra como é o típico
“carallo” entre as frases en inglés.
Para rematar, animo aos lectores a que se adentren
nesta novela con ganas de aprender sobre a nosa Galicia, xa que aprendes o
punto de vista de alguén que nunca estivo aquí, e decátaste de que en ocasións
infravaloramos a nosa terra galegan o noso “paraíso” particular.

Sen comentarios
Publicar un comentario