ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

22/06/14

Persépole



Comentario de Denise Varela
 
Persépole
Marjane Satrapi
Rinoceronte 



Persépole, de Marjane Satrapi, podo dicir que ata o momento foi dos mellores libros que lin.  Era a primeira vez que se me presentou ler un libro deste estilo. Un cómic en branco e negro! A verdade é que a súa portada chamoume moito a atención, e cando souben que se trataba dun cómic non o pensei.  De primeiras collino un día para mirar de que se trataba, e sen darme de conta xa acabara o primeiro volume do libro.
 A historia é contada por Marji, unha rapaza que conta durante varios anos a súa experiencia de vivir nun réxime islamita e de estar constantemente en guerra co medo de poder morrer. Marji ten que emigrar, por obrigación de seus pais e para a súa seguridade.
Neste libro podemos observar a evolución política de Marji, dende as primeiras páxinas cando ten apenas dez anos e copiaba todo do que vía, ata que casa, e xa ten os seus propios ideais.
Sorprendeume moito a situación pola que Marji e seus pais tiñan que pasar, e sobre  todo o machismo nesa sociedade e o non haber liberdade de expresión.
Eu puiden atopar de todo, dende risas ata tristeza e sobre todo aprendín bastante sobre a situación  política e social que se narra no libro. A verdade é que non sabía nada deste tema e  pareceume realmente interesante. Realmente un  gran libro para ler. 

Sen comentarios