ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

23/06/14

Diario secreto de Adrian Mole

Comentario de  Anán Ares


Diario secreto de Adrian Mole 
Sue Townsend
Xerais


Trátase da historia dun adolescente de 13-14 anos chamado Adrian Mole escrita nun diario. Este libro encantoume dado que lendo as primeiras páxinas pensas que Adrián vai ter sorte na vida xa que é un, como el di, intelectual, pero despois vaste dando conta de que nunca tivo boa sorte e que nunca a terá. Isto exprésase contando as súas malas experiencias (como no peor día da súa vida: "¡Miña nai conseguiu traballo coa condenada leria da mecanografía! Meu pai está de malas , pero o peor de todo , ¡Bert Baxter non é un amable velliño xubilado! Bebe , fuma e ten un pastor alemán que se chama Sabre. ¡Pero aínda peor que iso! ¡¡¡Pandora sae con Nigel!!! Penso que nunca poderei superar este golpe." Tamén o expresa coa frase «¡Vaia sorte!» , que se pode atopar no libro centos ou milleiros de veces. A fin de contas , trátase dunha historia que conta a vida dun rapaz adolescente con moi mala sorte, libro recomendado para adolescentes! Excepcional!

Sen comentarios