Comentario de Denise VarelaO vixía no centeo
J. D. Salinger
Xerais
O vixía no centeo de J. D. Sanlinger foi un libro un tanto peculiar.
Trata a historia de Holden, un rapaz que se atopa encerrado nun internado en
Pencey, ata que un día o expulsan por suspender todas as materias menos inglés.
Pero antes de contarlle nada ós seus país dicide marchar a New York a vivir el
só. Nesa gran cidade ocórrenlle bastantes desgrazas, dende que o deixen tirado
nunha cita ata que lle peguen una paliza por non querer acostarse con una
prostituta. Logo trasládase para vivir cos seus pais, xa que estes aínda non sabían
que Holden fora expulsado, e busca un profesor que lle dá unha lección
sobre a importancia dos estudos e a educación.
A historia non está nada mal, a min a verdade non foi un libro que me
gustase moito, pero tampouco está mal. Pareceume bastante interesante, e como
xa dixen o comezo, peculiar. Nunca lin algo polo estilo pero non sei que dicir
do libro…tan só que non foi un libro que me marcou moito. A única pega que lle poño
a este libro é que ás veces resultábame bastante lento e aburrido de ler, sobre todo
ó comezo. Custoume moito comezar a lelo, porque non me entusiasmaba
moito, pero ao longo da historia foise facendo máis ameno.
Sen comentarios
Publicar un comentario