ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

24/06/14

Made in Galiza

Comentario de Mario Salgueiro

Made in Galiza
Séchu Sende
Galaxia
 



Gustoume moito este libro por varias cousas, porque son relatos curtos, polo tanto lese moi rápido e facilmente.
E porque cada capítulo trata de defender a nosa lingua, o galego, xa que se está a perder.
Os relatos que máis me chamaron a atención foron o de "shhhh" e "O ladron de palabras" xa que expresan moi ben o conflito co galego.
Made in galiza é un libro que che fai reflexionar un pouco sobre o noso idioma e o que está a acontecer co mesmo.
Recoméndoo a todas as persoas que queiran pasar un bo tempiño lendo un bo libro

Sen comentarios