Este
fermoso libro cóntanos a historia de como dúas rapazas de dezasete anos, Sofía
e Lupe, son violadas á saída dunha festa de disfraces. En realidade non só nos
conta a violación, senón tamén os duros días que tiveron que pasar despois,
soportando as malas miradas e os comentarios de "putas" polos
corredores do instituto. Este libro enredoume dende o primeiro momento, xa que
son rapazas pouco maiores ca min e o que lles ocorreu a elas pódelle pasar a
calquera. O que máis me gustou foi, que a pesar de todo, ambas as dúas rapazas
lograron atopar o amor.
Quedei fascinada como a escritora Marilar Aleixandre,
enfronta dous "mundos", por chamalos así; un é o dos compañeiros de clase
das rapazas, que en todo momento as apoiaron e o outro é o do un alumno do mesmo
instituto que se dedica a insultalas e a facer pintadas. Quizais o que menos me
gustou foi o final.
Recomendaríallo a todas aquelas personas que non lles
gusten os libros que plasman a realidade, xa que unha violación non só é cousa
de películas ou libros.
Sen comentarios
Publicar un comentario