ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

25/06/14

Poesía última de amor e enfermidade



Comentario de Alberto Fariña Toimil


 
Poesía última de amor e enfermidade
Lois Pereiro
Edicións Positivas





Declárome namorado da poesía de Lois Pereiro, encántame, a forma na que escribe, as palabras coas que di as cousas, e encántanme os seus poemas, deste poemario hai un poema que me gustaría destacar:

Poderíano escoller como epitafio
Cuspídeme enriba cando pasedes
                       por diante do lugar no que eu repouse 
                       enviándome unha húmida mensaxe 
                      de vida e de furia necesaria.

Foi o primeiro que lin e o que máis me gustou, cando abrín o libro nunha páxina ao chou apareceu este e dende ese momento engancheime ao poemario, que é xenial, e a este poema.
 

Sen comentarios