ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

25/06/14

Ollos de auga

Comentario de Alberto García Fernández


Ollos de auga
Domingo Villar
Galaxia





   Este libro cóntanos a investigación do asasinato do saxofonista Lois Rigosa. 
   A novela está escrita en terceira persoa e o protagonista é o inspector Leo Caldas. A historia transcorre en Vigo, cousa que me atraeu para comezar a lelo, e aparecen varios sitios que existen na actualidade polo que me parece interesante.
   O libro engancha dende o principio e é difícil parar de ler unha vez que levas varias páxinas porque está cheo de acción. O que máis me gustou foi o final, cando grazas a intervención de Pipo, un can pequeno e negro que desvaratou os plans de Mercedes, se relsolveu a investigación.
  Recoméndollo a calquera, xa que é un libro interesante e divertido.

Sen comentarios