ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

25/06/14

O señor Ibrahim e a flores do Corán

Comentario de Denise Varela


O señor Ibrahim e as flores do Corán
Eric-Emmanuel Schmitt
Faktoría K
 
 
 
O señor de Ibrahim e as flores do corán de Eric- Emmanuel Schmitt é un libro que trata sobre a amizade que xorde entre un tendeiro musulmán e Momo, un adolescente que se cría co seu pai con mentiras e abusos.
Ao comezo da historia Momo non apreciaba moito a Ibrahim, quizais simplemente por ser de diferente país e cultura, pero logo a relación entre estes dous personaxes vai a máis, e sen decatarse Momo e Ibrahim fanse amigos. Unha parte importante deste relato é cando Momo queda sen pai, xa que este vaise da casa, e a única persoa que ten con ela nese momento é ó señor Ibrahim.
Este libro está moi ben, e aínda que sexa moi curto, podemos ver  a relación entre persoas de diferentes relixións, sen discriminacións. Na miña opinión paréceme un libro moi bo para todas as idades, e fácil. Creo que o deberiamos de ler dende moi novos, porque nos aprenden uns valores importantes. Ensínanos que todas as persoas somos iguais.
O que máis me gustou de este libro é que a súa linguaxe, ao mesmo tempo de ser sinxela é moi completa xa que nos transmite moitas cousas, ou polo menos na miña opinión.

Sen comentarios