Made in Galiza
Séchu Sende
Séchu Sende
O primeiro que me chamou a atención deste
libro foi a súa portada, cinco bombonas de butano nun prado e pintadas, a
verdade é que me pareceu moi chula. Empecei o libro con boas expectatvas pola
opinión del dunha amiga miña, e non se equivocaba.
Este libro é de relatos moi curtos, amenos e
comprensibles.
O primeiro chámase "Falar" e foi dos que máis me
chamou a atención. Paréceme que conta unha verdade medio oculta. A maioría da
xente non se para a pensar os motivos do idioma que fale un rapaz pequeno pero
se o pensaran verían que moitos pais non cren que o galego sexa útil ou
necesario e non llelo ensinan aos fillos porque non lles gusta que o falen.
Non é un segredo que se seguimos así o galego vaise perder. Non entendo por que á xente non lle gusta, ou por que a estas
alturas os mesmos galegos consideran que é un idioma de brutos ou incultos
cando o que realmene é de incultos é pensar tal.
Séchu Sende promove a fala do noso idioma e
iso gústame como temática do libro.
Tamén me convence a súa forma de escribir, como
a retranca que usa neste relato: "Estudo sociolingüistico sobre a mocidade
baixo o efecto das drogas".
Mentres lía Made in Galiza pensaba
na nosa cultura, as nosas tradicións... Co relato "A agulla de
marear" recordaba aos meus avós e as bromas de aquí.
Os textos que máis me gustaron foron:
"Falar", "Eu fixen ouigha co espiritu de Castelao",
"Falar en soños", "A cabeza voadora", "Instruciones
para aprender a hablar gallego", "A praia dos ourizos cacho",
"O cabalo e a néboa" e "O señor do traxe gris".
En resumo, pasei moi bos momentos lendo o
libro, recomendo que lle dediquedes un cachiño do voso tempo porque merece a
pena.
Transpórtate completamente a realidades
paralelas que ves todos os días e sentes a Galiza no corazón.
Grazas Séchu Sende por escribir esta obra!
Sen comentarios
Publicar un comentario