ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

26/06/14

O Diario vermello de Carlota

Comentario de Uxía Mosquera


O Diario vermello de Carlota
Gemma Lienas
Galaxia
 
 
Foi uns dos libros que máis me gustou neste curso. Pareceume un libro moi interesante xa que trata de temas que están aquí, ao pé do día, a homosexualidade, a prostitución, os anticonceptivos, a sexualidade... ten unha forma moi sinxela e natural de explicar todos estes temas, e creo que a moitos mozos e mozas lles resolvería moitas dúbidas que poidan ter  vergoña de preguntalas na casa. Tamén intercala capítulos das experiencias de Carlota con capítulos informativos, e así o libro parece que se fai máis ameno e interesante. Por último, non ten unha linguaxe complicada, polo tanto é sinxelo de ler, así que recomendaríalle este libro a todos os adolescentes, xa que lles vai resolver moitas dúbidas e lles vai sorprender.

Sen comentarios