ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

26/06/14

Rúa Carbón

Comentario de Patricia Lázara Framiñán


Rúa Carbón 
Marilar Aleixandre
Xerais



Paula ten tres avoas (a nai de súa nai, a de seu pai biolóxico e a do novo marido de súa nai). Esta xove rapaza está a piques de cumprir dezasete anos e, durante o verán, vaise de vacacións a Donostia, onde viven as súas avoas biolóxicas. Paula sabe que seu pai Iñaki morrera antes de ela nacer, pero nestas vacacións vai descubrir que foi o que lle provocou a morte. Súa nai contaralle que Iñaki morreu poñendo un coche bomba, xa que era militante de ETA. 
Este libro preséntanos a realidade na que vivían en Euskadi, con constantes folgas e bombas de ETA.  Maite (a nai de Paula) deulle á súa filla o diario no que contaba como coñecera a Iñaki e todo o que ocorrera despois, pois o que máis me gustou é que a protagonista está a vivir case o mesmo que vivira súa nai dezasete anos antes. Tamén me gustou como, mediante folgas, loitaban contra a represión do momento. Non me gustou nada que de folgas pasasen a bombas. Creo que o quere transmitir este libro é que está ben loitar polos nosos dereitos, pero pacíficamente, xa que unha bomba pode provocar o sufrimento de moitas persoas, e non precisamente nos vai levar a lograr o noso obxectivo. Recoméndollo a todas as persoas, pois é un libro moi realista que nos conta á precisión o momento de represión no que viviron os nosos pais e os nosos avós.

Sen comentarios