
Comentario de Antía Buján
A pensión Eva
Andrea Camilleri
Galaxia
“A pensión Eva” é un libro
que me deixou sorprendida, é dicir, non esperaba en ningún momento que tocara
un tema como é o sexo, un tema que na sociedade é tan tabú. Non é só sexo
senón que se adentra nos “recobecos” máis tabús , máis imperturbables, máis
incógnitos. O autor fala do erotismo con toda a naturalidade do mundo,
describindo como Nené vai descubrindo o significado da palabra e outras
acepcións que en ocasións a acompañan como son: burdel, prostituta, etc.
Recoñezo a
miña sorpresa ante todo o pertencente ao libro. O tema xira en torno a
Nené, un rapaz que nos describe Andrea Camilleri dende que é un neno ata que se
fai maior.
E, dende as
esceas máis eróticas pasa á tristeza, onde comeza a guerra e Nené é alistado na
mariña, onde desertou ao pouco tempo.
Máis alá dos
temas o libro fixoseme duro nalgúns momentos como, por exemplo unha violación
que Nené presencia onde a rapaza está practicamente morta.
Non captei moi
ben o que o autor pretendía que o lector vise, quizais unha sociedade dura,
insensible, e preocupada por si mesma.
Recoméndolle o
libro a aqueles que queiran descubrir a este autor, Andrea Camilleri.
Sen comentarios
Publicar un comentario