ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

27/06/14

Orixe

Comentario de Ana Colmeiro Corral




 
Orixe
Séchu Sende
Galaxia








Ao comezar, Orixe recordoume un pouco ao libro de A. Fernández Paz "Aire Negro" no que tamén se trataba o tema dunha persoa á que a vida lle mudara repentinamente por causa dunha enfermidade. Porén, despois tomou un aire máis centrado na historia de amor nacido entre Mario e Laura no hospital e despois xa, na casa. Está tan ben explicada a enfermidade de Mario que ata se pode chegar a sentila un mesmo: as súas limitacións, a súa dor por non poder facer cousas que quere e finalmente a desesperación e conseguinte abandono do valor que o levaría á súa prematura morte.
Ao principio, non entendía moi ben tantas historias á vez, e despois deime conta de que só había dúas: a historia de Laura, Mario e a súa enfermidade, e a historia do Ditador. Unha historia que escribira Laura durante todo ese tempo e que fai crer que é real ata para o mesmo protagonista. Así mesmo, crin ata o final a historia do Ditador e penso que ese era exactamente o que pretendía o autor: facer crer nesa historia como unha paralela á principal pero que si existía de verdade.
A historia de amor de Laura e Mario pareceume moi bonita ao principio, pero moi baseada na rutina ao final. Laura era o motor da relación mentres que Mario se foi sumindo na soidade, cada vez máis e máis no seu interior.
Tiña outra expectativa deste libro mais a pesares diso gustoume bastante. É un libro que fai cavilar.

Sen comentarios