ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

19/06/14

Servicio de urxencias


Comentario de Ana Colmeiro Corral


Servicio de urxencias
Suso de Toro
Xerais



Humor. Diso trata este libro e así o reflexa o autor con exactitude. Encantáronme os diálogos dos catro personaxes principais, Paulino, Encarna, Chus e Cipri, tratando temas amorosos, da familia, dos problemas da vida en xeral... É verdade que os problemas estaban contados como cómicos e iso facía máis entretida, se cabe, a lectura. Todo o que falan ocorre na sala de urxencias dun hospital, cousa que fai máis ridículas algunhas das cousas que contan os catro mozos. Ademais, os doentes xogaron tamén papeis moi importantes nas historias. Varias veces me sorprendín cavilando en que pasaría se eses feitos relatados ocorresen de verdade. Por poñer un exemplo, por dúas veces case operan ao mozo de Encarna nas súas visitas de ocio ao hospital, confundíndoo con un doente que tiña apendicite aguda. Das dúas veces acabou todo descubríndose, pero se iso chega a pasar na realidade e ademais repetidamente non sei que pasaría. Outro caso foi cando ao hospital chegou o presentador dun programa de cámara oculta e os médicos non o atenderon por medo a picaren e saír no programa caendo na broma, así é que o home marchou tal e como veu, cheo de moratóns. 
Pola miña parte, o personaxe que máis me gustou foi Chus, que podería definirse como muller de carácter e de ideais modernos. Aínda que Cipri foi o que máis graza me fixo. Sempre arreglando cachivaches no seu posto de traballo e sempre tentando conseguir diñeiro. Esas cousas tan simpáticas fan que o libro fose fácil de ler e moi ameno.

Sen comentarios