ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

19/06/14

Os saltimbanquis no paraíso

Comentario de Denise Varela


Os saltimbanquis no paraíso
Xelís de Toro
Sotelo Blanco



Fala de Vicente, un rapaz galego que vivía en Londres. Tras un asasinato, Vicente xunto dous amigos máis, foxen de Londres. Escóndense en Galicia, en Tradás concretamente, nunha pequena vila costeira na que vivían anteriormente os seus pais falecidos.Vicente non se sente a gusto en Galicia, como se non fose galego ou non encaixase, e quere regresar a Londres, pero  en Galicia atópase coa sorpresa da súa vida suplantada por outra persoa.
Con esa portada, xamais podería adiviñar de que trataba o libro, pero foi bastante interesante. Quizais o comezo do libro fíxoseme algo pesado, pero a medida que ía transcorrendo a historia volvíase máis amena. A maneira de escribir do autor foi do que máis me gustou. Describe moi ben os momentos no que ocorren as cousas, e con todo detalle, pero sen que sexan descricións pesadas, senón por dicilo de algunha maneira “cómodas de ler”.
A min este libro paréceme que está relacionado coa emigración que se viviu hai anos, de toda esa xente que fuxía do país e anos despois volvía, pero as familias non o coñecían. Neste caso, el non era nado en Galicia, pero é coma se tivese sangue galego, e non se sente ben cando se atopa aquí, porque non coñece case nada. Podo estar equivocada, pero é a sensación que tiven eu á hora de rematar de ler o libro.

Sen comentarios