Comentario de Denise Varela
Ruído de fondo
Daniel Salgado
Xerais
Ruído de
fondo é un pequeno libro de poemas de Daniel Salgado. A min
os poemas non me gustaron moito. É unha temática que non me gusta, xa que trata
sobre a sociedade, a civilización … unha visión triste do mundo.
Tamén
me chamou a atención a curiosa maneira que ten de escribir, xa que é
complicado de comprender os seus versos, e ten unha peculiaridade de
nomear a algunha persoa, supoño que serán autores, en case todos os poemas.
O meu
gusto decátase máis sobre poemas sobre a vida, o amor e a paisaxe en xeral,
entón quizais pode ser iso polo que non me sinto moi a gusto lendo este libro.
Pero en todos os libros sempre hai algo bo que sacar, o poema que me chamou a
atención deste libro, que máis ben o final do poema, e me fixo pensar durante
un momento foi un que trata sobre a fin do mundo, e remata así:
o movemento
da luz
desenterra a
pel. son días
difíciles:
domina
a ética do
inverno, o bombardeo
de campos de
concentración,
hai un morto
cada domingo
e ao poema
non lle valen,
outra vez,
máis que
consignas, vermes,
a memoria do
perigo, a
indecencia.
escapa
dos
catálogos: o coitelo métese
nas unllas
Sen comentarios
Publicar un comentario