ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

06/06/14

Retrincos. Un ollo de vidro

Comentario de David Núñez Ouzande


Retrincos. Un ollo de vidro
Castelao
Galaxia 





É un libro que me resultou moi interesante, con pequenos relatos. O primeiro relato que nos presenta é o dun "ollo de vidro", o cal conta a historia dun home que non lle ten medo a morte, e ten un amigo enterrador. Este atopa un ollo de vidro nunha calaveira, xunto con el atopa uns papeis, e quédase con eles. Os papeis contan as memorias dun esqueleto, o proceso que pasa un home unha vez que morre, ademais tamén nos fala dunha pequena cidade na que viven todos os esqueletos e as súas “aventuras”.
Por outro lado, atopamos "retrincos" que son un conxunto de relatos. O que máis me gustou e podo destacar é o de Sabela. Este é un relato que nos conta a historia dun rapaz que andaba nas romarías da súa aldea. Alí fixábase nunha muller moi guapa, á que un día lle pediu que lle ensinase a bailar. Ela ensinoulle e fixeron unha gran amizade, bailaron xuntos ata que el se tivo que ir estudar durante moito tempo e se fixo un home. Logo meteuse na política e cando volveu a súa casa aquela muller guapa e estilizada convertérase nunha gorda.
Este libro gustoume moito porque me pareceu sinxelo de ler e me entretivo bastante, ademais todos os relatos son moi interesantes. Recomendo estre libro xa que me parece un bo libro e é unha boa forma de pasar o tempo.
 

Sen comentarios