Comentario de Antía
Buján
Teño que
destacar que este libro me parecía distinto, é dicir, Carlos Negro usa este
poemario como unha retranca continuada, algo que en certo modo me gusta.
O autor
pretende facer ver ao lector como é a influencia que fai a sociedade nas
mozas actuais; teño que destacar que, no meu caso, en moitos dos poemas non me
sinto identificada, xa que, como relata unha das frases do comezo do libro:
“Nunca quixen ser diferente, sempre fun eu mesma.”
Algúns dos
poemas expresan o degradantes que son as revistas para adolescentes algo, que
sen dúbida, está de acordo coa miña mentalidade: que as mozas teñan que estar
sempre “sexys”, que a revista lles diga “cando, onde e con quen”, que sempre
teñan que estar maquilladas senón non son guapas, que sempre estean
felices porque unha chica seria é “fea” etc. Son algúns exemplos.
Máis alá,
aparece un poema que me gustou e que, na a miña visión, Carlos Negro introduciu
no medio de tanta “teenager” :
Nada rosa.
Ningún logo.
Chupa negra.
O cabelo ao
cero.
E o corazón,
descosido e
roto,
con furados de
rabia.
Este poemario
gustoume desde o punto da retranca, chamar a atención do lector para que se
decate do que sucede, do que a sociedade inculca na mentalidade das
adolescentes dende a roupa, ata como deben comportarse, xa sexa co mozo ou coas
amigas; sempre buscando a perfección algo que pode levar á insatisfacción das
“teenagers” (así lles chama o autor con retranca as adolescentes facendo alusión
ao vocabulario das revistas). Este tema é algo que nunca me gustou, nunca me
gustaron esas revistas e nunca lin unha, pero tiven amigas que lían e seguían
as “recomendacións “ que aparecían nelas e, para non variar, nelas
incúlcase o machismo, que elas dependan del (sen comentarios).
Recoméndolle o
libro a calquera que queira coñecer o punto de vista deste autor, que eu nunca
lin, pero que dende hoxe ten o meu máximo respeto.
Sen comentarios
Publicar un comentario