O mundo secreto de Basilius Hoffman
Fernando M. Cimadevila
Urco
Nun
principio parecía que se ía facer eterno o tempo que dedicase a ler
este libro, porén, non foi así.
Historia
da vida dun rapaz que mestura o encanto, a fantasía, as lendas (nas
cales perde moito tempo, o que cambiaría), bastóns máxicos, e toda
clase de ingredientes que dan como resultado este libro.
O
libro está ben pensando, pero o final é desconcertante e o
"importante" da historia aparece tardíamente. Unha das
partes que destacaría sería ese percorrido polo mundo (dende un
deserto ata unha cidade) e por último, a maneira en que manifesta os
personaxes, é dicir, deles tan só sabemos o que pensan, pero non o
que senten.
Un
personaxe que sobresae, na miña opinión, é Peter, intelixente, cun
bo sentido do humor, astuto...
Recomendaría
este libro a todo aquel que lle guste a fantasía, porque aquí,
sobra.

1 comentario:
Ás veces mo imaxinaba e era como se me pasara a min e o libro pareceume bastante interesante aínda que tamén pequeno para todas as historias que conta.
Publicar un comentario