Made in Galiza
Séchu Sende
Este libro encantoume porque defende o idioma galego, aínda
que o galego non sexa a miña lingua materna, estou a favor de que non se perdan
as linguas minorizadas porque como di o autor sen raíces non podes voar. Gústame
moito este libro porque defende o galego e outras linguas que merecen ser
apoiadas para que non se perda a multiculturalidade que hai. Made In Galiza é
un libro que te axuda a reflexionar o porqué non debemos de ter vergoña da nosa
cultura porque é nosa e temos que coidala. Eu penso que tamén podemos aprender
outras linguas para coñecer mundos diferentes, persoas diferentes, culturas
diferentes... pero coidando sempre a nosa lingua materna.
Houbo relatos que me gustaron moitísimo, pero houbo
outros que non tanto, non porque foran malos, senón, porque probabelmente non
os entendera. É que aínda quédame moito por aprender do galego e gustaríame
seguir aprendendo del; Porque o galego non só che serve para falar en Galicia
como a xente di, senón que tamén te podes entender con persoas de Portugal, Brasil,
etc. É certo que o idioma que predomina no mundo é o inglés porque case todo o
mundo pode falalo e permite comunicarte con moitas persoas de calquera lugar do
mundo e coñecer moitas cousas sorprendentes, pero non debemos abandonar a nosa
lingua por vergoña ou porque queremos semellar ser quen non somos.
O relato que máis me gustou foi (é moi difícil escoller
un que máis me gustara porque encantáronme todos) Madrith porque relata como o castelán deixa de falarse polo
predominio doutras linguas na cidade e como os seus falantes foron pouco a
pouco desinteresándose polas súas raíces. Outros relatos que me gustaron foron Sssssh, O ladrón de palabras, un home
aforcado, O home que agardaba que lle dixesen o que tiña que facer... porque son relatos onde aprendes cousas moi
interesantes para a túa vida e que aconsello lelos e reflexionar con eles acerca
da importancia da vida

1 comentario:
Este libro está moi ben, xa que fala de temas sobre a nosa lingua e tamén a defende con exemplos para poder entendelo ben. No libro hai moitos relatos, non moi longos, polo que se len en pouco tempo e xa che fan darte conta das cousas dende o comezo. Gustáronme todos os relatos, polo que é difícil escoller un coma o mellor entre os outros. Aínda así, se tivese que escoller algún sería "A lingua máis difícil", porque creo que é das que mellor representa o pouco que está usando o galego e que cada vez vai a peor. Resumindo, un bo libro recomendado para calquera que lle gusten as linguas e sobre todo a calquera galego ao que lle interese a situación da súa lingua
Publicar un comentario