Cando
comecei a ler o libro pensei que o contido deste non tiña moito que ver co
título que lle puxera a autora, pero ao seguir, deime conta de que contaba a
historia dunha muller que fora violada por Neptuno e que como castigo, ningún
home a podía mirar, por non dicir que na súa cabeza creceran unhas serpes.
O que relata principalmente este libro é como
dúas rapazas son violadas nunha noite despois de saír de festa. Nestes casos o
primeiro que se debe facer é denunciar a situación aínda que moitas mulleres
non o fagan por medo, porque se senten inseguras ou por outras razóns. Elas
fixérono pero logo dun tempo unha delas retirouna porque os pais non a apoiaban
como tiñan que facer e tamén quería esquecerse de todo o que pasara, pero iso é
moi difícil porque cousas como esas nunca se chegan a olvidar. Darnos conta de
que estas cousas pasan na vida real, non só nas películas ou nos libros.
Para
rematar dicir que me gustou moito este libro e que llelo recomendo a todos xa que
se le rápido e tamén para que se poñan na pel desta persoas.

Sen comentarios
Publicar un comentario