ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

09/06/14

O mundo secreto de Basilius Hoffman

Comentario de Diego Cangas


O mundo secreto de Basilius Hoffman
Fernando M. Cimadevila
Urco





A verdade é que me está a custar moito comentar este libro, porque non chego a comprender moi ben a historia. Non me acaba de entreter, e paréceme que o relato non se desenvolve ben, o autor neste aspecto tivo unha gran idea pero para min, e os meus gustos, non a soubo desenvolver e sacarlle o máximo proveito. Estou un pouco frustrado, pero mellorando algúns aspectos coma eses, dende logo íame gustar un chisco máis. 
Tamén me decepciona a mala sorte que teño en canto a ler libros de fantasía, porque ningún me acaba de convencer, espero que o próximo o faga...

1 comentario:

Minerva Malho dixo...

O mundo secreto de Basilius Hoffman é un libro narrativo , que conta historias de aventura é de fantasía. Está dirixido máis a público xuvenil polas aventuras,pero tamén a un público adulto pola maxia da fantasía. A min gustoume ,ainda que a fantasía non é o que máis me atrae