ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

09/06/14

Os saltimbanquis no paraíso

Comentario de Cristina Cabaleiro


Os saltimbanquis no paraíso
Xelís de Toro
Sotelo Blanco






Como consecuencia dun “asasinato fortuíto”, un mozo descendente de galegos emigrados e que vive nos ambientes marxinais de Londres, nunha casa ocupada con catro amigos, Patrick, Andy e o Lizard, vese obrigado a fuxir. Patrick, Andy e el mesmo marchan para Galicia, mentres o Lizard queda en Londres. Chegan a unha vila costeira, Tradás, lugar onde residían seus pais antes de marchar. Os seus compañeiros acaban por adaptarse a esta nova vida, pero el sente unha imperiosa necesidade de regresar a Londres. Alí o protagonista atopará a súa personalidade suplantada e a súa vida vivida por outro.
O que máis me gustou da narración foi a forma de relatar e expresar a nova realidade do protagonista, onde Vicente acabará sendo un espectador de si mesmo, observando dende un plano diferente como outra persoa vive a súa historia.
Outra cousa que me gustaría mencionar é como este libro che fai preguntarte e pensar, aínda que soamente sexa un anaquiño, no que realmente é cada persoa, e cal é verdadeiramente a nosa vida e o seu obxectivo.
Quero recomendarlle este libro a todos aqueles que se sintan ou se sentiron algunha vez desprazados ou perdidos, pois xunto Vicente aprenderán que o fogar non sempre se atopa onde resides, senón no lugar que no que te sintas realmente auténtico.

Sen comentarios