ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

10/06/14

Made in Galiza

Comentario de Nuno Pérez


Made in Galiza
Séchu Sende
Galaxia
 
 
É un libro que me gustou grazas a súa finalidade na que hai unha queixa cara á situación sociolingüística do galego e faino utilizando breves historias con temáticas moi diferentes pero coa mesma intención, falar dos problemas que sofre o galego.
  Gustoume moito polo parecido a Servizo de urxencias no tema dos capítulos cortos no que contan diferentes historias pero diferenciándose en que no libro de Séchu cambian personaxes e lugares.
  Neste libro quere transmitir o seu compromiso con Galiza e intentar involucrar o lector na causa, intentar que non se perda o galego.
  Este libro recoméndollo a aquela xente que ten medo de falalo polos prexuízos que poidan ter deles, porque transmítelle a confianza para falalo.
 

Sen comentarios