ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

17/06/14

Polaroid

Comentario de Ana Colmeiro Corral



Polaroid
Suso de Toro
Xerais




A verdade, dos libros que lin de Suso de Toro este foi o que menos me gustou. Non sei se foi porque é un libro de relatos ou porque os relatos eran moi ambiguos e bastante estraños, o caso é que pensei que o libro me ía gustar máis. Hai moitos relatos aos que sigo sen encontrarlles moito sentido e moitos outros que lles atopo varios, pero supoño que esa era a intención do autor. Os relatos que máis me gustaron foron os que estaban unidos entre si, como os de "Chaman á porta", "O quiosco do Mauro", "Matar ao minotauro" e "Caín" e "Abel", (os dous últimos foron dos meus favoritos de todo o libro). Outros que tamén me gustaron foron "Pasa o tempo" e "Xersee esesene", o último pola orixinalidade de usar a "e" como única vogal en todo o relato. A pesares de ser, como xa dixen, o libro de Suso de Toro que menos me gustou pola súa rareza, pareceume un libro moi orixinal e penso lelo ao que pase un tempo para descubrirlles novos finais aos que en certo modo o autor deixou abertos. E, por se cabía dúbida, penso seguir lendo libros del xa que é un autor do que gusto ler.

Sen comentarios