ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

18/06/14

Made in Galiza

Comentario de Álvaro Villar Ferreiro

Made in Galiza
Séchu Sende
Galaxia
 
 
Made In Galiza é un libro formado por relatos curtos e de fácil lectura, que tratan temas como: a defensa da lingua galega, a identidade da Galiza como país independente e a protección do medio ambiente.
Sen dúbida, xunto con Penúltimas Tendencias, este foi o libro do que máis gustei neste curso, e espero repetir a experiencia  podendo ler máis libros deste estilo nos vindeiros anos.
Todos os relatos foron do meu agrado pero podería destacar algúns como: Madrith, Um lugar sem palabras, Nh positivo, O Paracaidas e Estou contigo.
Estes relatos fan de Made In Galiza un  libro de gran utilidade para aqueles castelanfalantes que queren falar galego pero que non se atreven a dar o último paso. Tamén  é un libro dirixido ás persoas que dunha forma ou outra busca desprezar a nosa lingua.
Remato cun proverbio africano redactado no libro: “Quen sabe falar nunca é pobre” e engado: Na Galiza em Galego!

Sen comentarios