ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

03/05/14

Teatro pra a xente

Comentario de Isidro Gil Pallares


Teatro pra a xente
Eduardo Blanco Amor



Xa había ben tempo que tiña gana de ler este libro, xa que é unha edición antiga que conseguín e á que lle collín moito cariño.
Este pareceume que tiña unha linguaxe máis clara que o seu libro  A Esmorga (do que polo visto non me dei de conta de cousas que traía consigo implícitas, aínda así gocei del que é o importante); o cal non quita que sexa clara de todo.
O libro está cheo de retranca, ironía o cal fai bastante graza, e que nos leve a replantexarnos cousas que están aí día a día.
O libro en si está dividido nos seguintes contos, que poden ser perfectamente escenificados teatralmente:
  • O cantar dos cantares: trátase da historia máais “sería” que atoparemos no libro, no cal critica o atraso da igrexa e propón a reeducación dos pais por parte dos fillos, debido ao atraso no que se atopaban daquela.
  • Fas e Nefas: Perfecta para a quen lle guste: a aventura - os castelos endiañados - as princesas - as pantasmas - os ananos - os heroes - curuxas que falan - feitizos - etc. Todo mesturado nunha orixinal historia teatral. Iso si sen perder a ironía e a graza.
  • A carauta: pantasmas, corpos posuídos e sobre todo moita retranca.
  • Os baralláns: somerxerate nun mundo de tratantes, patróns, fidalgos,... aprendendo de todo incluso como se di “criada” en máis de nove lugares diferentes.
  • Tres contos escénicos:
  • A medosa Blandina: perfecta para a que o amor lle dea carraxe e lle pareza unha parvada, xa que esta obriña de teatro é unha peculiar ironización das indirectas dunha moza a un mozo non moi espabilado en canto a coller as indirectas.
  • A lebre das Ánimas: festa na casa dos avós, como non, gran xantar que deixa sobras para o resto da semana, típico non? Pois neste conto como e típico neste autor levará este xantar ata o extremo da ironización, causarache graza saber que pinta unha lebre no título desta obriña.
  • A tía Lambida: para rematar o conto da señora “Lambida” quen “nunca empresta nada”.

Recomendable para calquera que disfrute lendo teatro e a xente que lle guste a retranca, ademais co variado que son as historias, malo será que non atopes unha do teu agrado!

Sen comentarios