ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

03/05/14

Penúltimas tendencias

Comentario de Nicolás Rivera Mallo


Penúltimas tendencias
Carlos Negro
Xerais
 

Este foi o primeiro libro de poesía que lin. Pareceume un pouco estraño, aínda que doado de ler debido a que utiliza unha linguaxe coloquial, mesmo con expresións xuvenís. Unha adolescente é o fío condutor de todos os poemas do libro; neles mostra a súa rebeldía fronte á normalidade e ó mesmo tempo, unha búsqueda de si mesma. Fixéronme graza os títulos elixidos por Carlos Negro  e as referencias a programas de televisión ou cancións que todos coñecemos.

Sen comentarios