
O libro Penúltimas Tendencias, malia ser de poesía, gustoume moito. De
xeito breve pero conciso, reflicte na voz poética a crítica ante a sociedade
machista e estereotipizada de hoxe en día, na cal a muller está asociada a
estar sempre bonita, cun corpo ideal e que espera atopar un home para ser
feliz, cousa que para nada estou de acordo, xa que considero que unha muller
pode chegar á plena felicidade coñecéndose e gustándose a si mesma. A pesar dos
días nos que vivimos, o machismo está presente en todos lados: na tele, nas
revistas... e para acabar con isto, as mulleres temos que loitar ata conseguir
unha plena igualdade entre sexos.
Neste libro a protagonista, que eu considero que se trata dunha muller,
reclama ser distinta do que a sociedade espera dela. Quere ter un mundo
distinto ao actual, no cal non teña que destacar pola beleza, senon pola
personalidade e a intelixencia propia, que non quere calar a boca, ou sexa, que
quere dicir todo o que pensa e non condicionarse por nada, nin por ninguén.
Neste libro, Carlos Negro, coa súa forma de expresarse, conseguiu facer
levadeira e interesante a lectura.
Sen dúbida ningunha, o poema que
máis me gustou foi "Tatuaxes". Nel fala de que non é imprescindible
atopar unha parella para estar sempre con ela, como xa dixen antes, unha
persoa pode ser plenamente feliz por si mesma, sen a necesidade de pasar toda
a vida buscando unha "parella perfecta", que non acabará atopando e
creo que nesa búsqueda, acabas por volverte infeliz. Outros poemas que tamén me
gustaron foron "Barbie girl", e "Chica out".
Sen comentarios
Publicar un comentario