ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

09/05/14

A cabeza de Medusa

Comentario de Lucía García Rodríguez


A cabeza de Medusa
Marilar Aleixandre
Xerais





Comezarei dicindo que o libro me encantou. Ao tratar temas realistas, engánchame máis. Como a autora di ao final do libro, os personaxes son imaxinarios, pero os sucesos que se relatan son reais.
O acontecemento principal son as violacións a dúas rapazas. Igual que as protagonistas, pensamos que a nós non nos vai pasar e pódelle suceder a calquera. Fíxome reflexionar sobre o tema, sobre as consecuencias que poden ter tanto sociais como psicolóxicas e como se poden sentir as víctimas. As miradas dalgúns compañeiros como se fosen seres estraños ou as pintadas empeoran a situación. Dificultan que fagan unha vida normal e se olviden do tema. Olvidar non sei se é a palabra correcta, xa que nunca se esquece, pero tratar de ter a mente ocupada noutras cousas, de non estar sempre matinando niso.
A actitude dos pais de Lupe sorprendeume. Non lle agradaba que a súa filla denunciase e influíron nela para que retirase a denuncia. Por outra parte, os pais de Sofía apoiábana nas súas decisións. Aconsellábana, pero a decisión final era dela. Os apois, tanto dos pais como de familiares e amigos son moi importantes para as víctimas.
No libro aparecen fragmentos de temática mitolóxica que me pareceron moi interesantes e ao gardar relación co libro entendinos mellor.
E un libro que, se gusta, lese rápido.

Sen comentarios