ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

08/05/14

Penúltimas tendencias

Comentario de María Framiñán


Penúltimas tendencias
Carlos Negro
Xerais

Penúltimas Tendecias é unha clase de libro ao que non estou acostumada a ler a miuúdo pero engaiolome dende a primeira ata a última páxina do libro. Carlos Negro escribiu este libro para contarnos como ve el en que se está a converter a sociedade en que vivimos. Exemplos disto é querer que nos vexan como nós queremos e non como somos na realidade, desexar ser similitudes de actrices ou modelos de revista, vivimos nun mundo no cal é moito máis importante o aspecto que o que realmente importante é como é a personalidade e a educación dunha persoa que por desgraza estase perdendo a pasos axigantados, a influencia que esta sobre a adolescencia e máis particularmente nas rapazas á hora de que a xente critica a forma que temos de odiarnos a nós mesmas só por unha opinión da xente e por último e non menos importante trata de romper cos prexuízos que inculcaron a sociedade dende pequenos. Os poemas que mais me gustaron sen dudaron foron "It Girl","3MSC" e por último "Chica Out".

Sen comentarios