ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

10/05/14

Orixe

Comentario de Julián Gómez Villamayor

Orixe
Séchu Sende
Galaxia




Mario Negro espertou no hospital, atopárono inconsciente nunha praia. Ten vertixe, todo lle dá voltas. Unha enfermeira chamada Laura axúdao na rehabilitación. Pouco a pouco, namóranse. Un día a Mario déronlle a alta no hospital e foi vivir con Laura. A vida de Mario é unha loita diaria contra a súa enfermidade pero non logra a curación, os médicos non saben de onde vén o problema. 
O que máis me gustou foi o personaxe de Laura, a súa fouteza, como axudaba a Mario na vida cotiá: acompañábao en paseos, líalle historias que ela escribía no seu diario, sobre todo a do traxe do apicultor, que era unha maneira de expresar o seu desacordo contra a ditadura. Mario pouco a pouco foi perdendo as forzas para loitar pola súa saúde ata que morreu. É incrible a forza e a vontade que ten Laura para saír adiante, as ganas de comer o mundo, pese ás labazadas que lle dá a vida. Ela levántase unha e outra vez e non se deixa derrotar. É unha lección de valentía e coraxe a que nos ofrece este libro, gustoume moito.

Sen comentarios