
Este
libro encantoume. O ano pasado lera o de Makinaria, do mesmo autor, Carlos Negro, non me pareceu un libro moi bonito pero si interesante, no
que o autor expresaba os sentimentos dos nenos adolescentes.
En cambio, en Penúltimas tendencias deu un gran xiro, agora fala das nenas adolescentes, de
como se senten e as cousas boas e malas da adolescencia. Os poemas que máis me
destacaron polo seu título foron “Non teño ganas de ti” e
“3 msc”, debido a que o autor os sacou dunhas películas moi famosas e
pareceume moi orixinal, aínda que opino que son algo machistas. O poema que máis
me gustou en todos os sentidos foi o da “Chica out”, no que expresa como é
unha adolescente, coas súas cousas malas e boas pero nunca perfecta, unha
adolescente real , non de revista.
Recomendaría este libro a todas as persoas,
sobre todo a esas rapazas adolescentes que non se senten ben consigo mesmas.
Sen comentarios
Publicar un comentario