Comentario de Sonia
Troitiño Loureiro
A metamorfose
Franz Kafka
Sotelo Blanco

Franz Kafka
Sotelo Blanco
A metamorfose pareceume o libro
máis peculiar que lin na miña vida. Relata a historia dun home que esperta
convertido nun escaravello. Pouco a pouco vai modificando por completo o seu
corpo ata quedar mesmo sen voz. A súa familia, ante este acontecemento, non pode
dar crédito, pero conseguen acostumarse co paso do tempo ata que deciden
que deben acabar con el xa que resulta verdadeiramente un estorbo. Finalmente, o
escaravello acaba morrendo por si mesmo.
O argumento que aquí se nos relata
resultoume a cousa máis disparatada e inverosímil que vin nun libro. Cando
comecei a lectura impresionoume bastante, sobre todo a forma de actuar do
protagonista, que se vía indiferente ante a transformación que estaba a
sufrir. Pero o certo é, que a medida que o relato avanzaba, cada vez vía menos
estraño o feito de estar lendo algo no que unha persoa se converte nun becho
dun día para outro. Ademais, aínda que non sei moi ben o porqué, debo dicir que a
historia me gustou moito e me chegou a conmover en certos momentos, como cando o
protagonista era menosprezado ou sufría malos tratos polo simple feito de non ser
o mesmo. Había momentos nos que a súa familia apoiaba a idea de que a era
imposible que realmente detrás dese corpo estivese un home.
Con todo, debo dicir que o final
non foi o que esperaba. Esperaba que todo volvese á normalidade e que o
escaravello se volvese converter nun home. Quizais pensaba isto porque era
incapaz de crer na idea de que esa historia puidese acabar dese xeito, co home
no corpo dun escaravello, algo que na vida normal resultaría totalmente
incoherente. Pero aínda que o final da miña mente non se correspondeu co
verdadeiro, direi que non me desagradou. A lectura é sinxela aínda que poida ser
dificil de comprender debido á rareza dos feitos. En ocasións podía parecer algo
monótona xa que o espazo mantense igual en todo momento e a historia non presenta
acontecementos impactantes ou inesperados. Asemade, pareceume un libro entretido
á par de interesante. Aínda que ao principio poida parecer demasiado ficticio ou
fantasioso, o autor consegue que a propia historia pareza do máis natural a
pesar dos feitos que se nos relatan.
Para rematar, dicir que recomendo
este libro a todos aqueles que lles guste moito, moito ler xa que non o
considero un libro que lle vaia a gustar a todo o mundo pola súa visible
peculiaridade. Aínda así, para min esta peculiaridade e o feito de que rompa
totalmente cos estereotipos, é o que o fai realmente interesante.
Sen comentarios
Publicar un comentario