ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

11/05/14

Penúltimas tendencias

Comentario de Julián Pereiro Rozas


Penúltimas tendencias
Carlos Negro
Xerais
 


Este libro foime curioso canto menos, xa que unha persoa que soe ler cómics e xornais deportivos non está moi acostumada a ler poemas. Aínda así foime doado e  gustoume bastante. Supoño que un factor que me axudou foi que os poemas son respecto a unha  "adolescente" e que e un libro que manexa modas de hoxe en día como programas de tv.
En conclusión este foi un libro de transición para  seguir lendo este xénero.

1 comentario:

Anán Ares dixo...

"Penúltimas Tendencias" é un libro de poesía que a min persoalmente non me encantou , a pesar de haber moitos detalles que me entusiasmaron , pero sei que se fora unha rapaza houbérame gustado moito máis , dado que se pode decir que é unha pequena crítica á vida das rapazas adolescentes , aos seus gustos , ás súas manías , etc. Un libro do máis recomendable para rapazas adolescentes e para fanáticos da poesía.