ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

12/05/14

Sarou / Louzós

Comentario de Julián Gómez Villamayor


Sarou / Louzós
Ramón Caride
Xerais




Sarou / Louzós é un libro que trata nos seus relatos temas escuros: contrabando, drogas, alcohol, mulleres e asasinatos. Son historias duras que sempre acaban en traxedia. Gustoume máis a primeira parte, a de Sarou, porque é unha soa historia: Sito cumpre condea por tapar a uns narcotraficantes, Os Bugas, e a cando queda libre víngase deles matándoos porque non lle pagaron o pactado. 
A partir de aquí son relatos independentes, cada un cunha aventura diferente, cheos de vinganzas pero sempre rematan mal, coma a de "Louzós Xeada", que Telvino e Benito dous cuñados, acaban coas súa vidas por unha liorta de herdanza, ou "Unha dorna vella", onde Lara mata ao Francés e a Pancho por lle vender droga ao seu fillo que faleceu por culpa de seu consumo. Non me gustou polo violento que é.
 

Sen comentarios