ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

07/05/14

Penúltimas tendencias

Comentario de Andrés Salgueiro Troitiño


Penúltimas tendencias
Carlos Negro
Xerais
 
 
Este libro de Carlos Negro gustoume moito, coma o outro que lin del, que foi Makinaria. É un libro moi curtiño que ao mesmo tempo contén unha chea de contidos nos que poden reflexionar os adolescentes. Este libro lino en pouco tempo pero quedei con ganas de volvelo a ler. 
A min non me gusta a poesía, pero os libros de Carlos Negro de gústanme moito pola forma tan peculiar que ten de escribilos, que por moi curtos que sexan teñen grandes cousas dentro deles.
En resumo, este libro gustoume moito e foime sinxelo de ler. Recoméndollo a xente adolescente.

Sen comentarios