Made in Galiza foi un libro que me agradou
moito, xa que os libros de relatos me gustan moito. Este tipo de libros parécenme
máis sinxelos de ler e entretéñenme máis.
Este libro fala da defensa da lingua
galega, da súa situación e como a viven as diferentes persoas.
Este libro contén moitos relatos, algúns gustáronme
como: O ladrón de palabras que
trataba dun home estranxeiro que lle roubaba palabras a xente, a algúns ofrecíalle
ouro polas súas ultimas palabras, pero todos se negaban, entón el ameazábaos. Incluso
roubáballe ás rapazas que comezaran a ler.
Outro dos
relatos que me agradou foi: Ás veces sinto que no meu país faltan
palabras, trata dun
home que sente que no seu país cada vez hai máis xente que deixa de falar a súa
lingua e que se comeza a perder. Cando escoita falar a unha rapaza a súa lingua
quere protexela para que non a deixe de falar.
Por outro lado, como case todo ten o seu
lado bo e o seu lado malo, houbo algún que non me gustaron tanto, como por exemplo:
A cabeza voadora, Ssssh, Na oficina de obxectos perdidos. Estes resultáronme máis aburridos e por iso
non me acabaron de agradar.
Finalmente, recomendo este libro porque é
moi bo de ler, así mesmo serve para pasar un bo anaco.
Sen comentarios
Publicar un comentario