Comentario de Diego Cangas
Penúltimas tendencias
Carlos Negro
Xerais
A verdade é que este libro encantoume pola súa crítica masiva á sociedade actual.
Gústame este libro polo dobre sentido no que o autor escribe sobre a
sociedade actual. O escritor esaxera os temas tratados, pero critica unha
realidade que está a pasar. Ao mesmo tempo, fai que te rias e tamén percibas a
triste verdade acerca de moitas cousas, como pode ser a obsesión pola beleza que
teñen moitas rapazas. Quédome con algún que outro poema sobre a bulimia e a
anorexia, que pode concienciar un pouco ao público adolescente que está a ler a
obra.
Sen comentarios
Publicar un comentario