Este libro gustoume moito porque a parte de ser curto e ter unha fácil
lectura, ensínanos, de certo modo, todos os problemas que leva consigo a
velocidade ou o alcol nos adolescentes.
Difícil é escoller un poema en concreto, pero se tivera que quedarme con algúns
versos do libro serían estes:
"cóntame da vida
das rúas sen saída
do medo a cada día
das noites de fuxida"
Moi bo libro, e moi recomendable. Unha vez máis, Carlos Negro fíxome
cambiar de opinión e pasar de ver a poesía como algo monótono e incluso
aburrido a ver uns versos cheos de sentimentos.

1 comentario:
Makinaria fala de coches, velocidade, alcol, drogas e da inconsciencia da xuventude. Reflexa as présas por vivir, sen perder ningún momento, como se a vida fose a acabar no instante seguinte. Fálanos dun xoven, que intentando escapar dunha vida gris e monótona , atópase coa morte. Tamén nos trasmite a dor que sinten os pais ao ter que vivir unha situación tan difícil. Pareceume un libro moi duro, con poemas moi directos. Fíxome pensar nas consecuencias que pode conlevar unha vida así.
Publicar un comentario