O tema central deste libro é a
fala da lingua galega. En distintas historas reflicte a situación actual do
galego, ao que día tras día se lle atribúen máis prexuízos como que o galego
so é para falar nas aldeas, non para as cidades e que non serve para o día a
día, nin para persoas importantes. Amosa tamén outra realidade, na cal os pais
que teñen como lingua materna o galego, imparten a educación aos seus fillos en
castelán, algo que non consigo entender.
Creo que é moi triste que a mesma xente
galega faga ese desprezo á lingua nai, que é unha lingua como outra calquera.
A mocidade que se vai a vivir ás
cidades e se cambia ao castelán, comete un erro enorme, xa que isto contribúe á
desaparición do galego. Entre todos temos que poñer o noso gran de area para
conservar a fala da nosa terra, para que non se extinga, xa que isto sería unha
grande perda cultural, e non avergoñarnos por falar unha lingua que ten moito
valor e unha considerable fermosura, nin moito menos por ter acento galego
(tamén tratado nalgunha historia do libro)
Eu, persoalmente, prefiro as
novelas que teñen unha historia continua, e non distintas e curtas coma neste
libro, pero o tema tratado nel é de grande interese e que debería solucionarse
antes de que sexa demasiado tarde.
Podería decir que as historia que
máis me gustaron do libro foron "EU FIXEN OUIGHA CO ESPÍRITO DE
CASTELAO" e "NIN EN SOÑOS VOU PERDER A MIÑA LINGUA".
Sen comentarios
Publicar un comentario