ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

08/05/14

Penúltimas tendencias

Comentario de Martín Villar Gil


Penúltimas tendencias
Carlos Negro
Xerais
 
 
Penúltimas tendencias é un libro ao cal só lle atopo dous defectos, o primeiro é ser algo aburrido, non porque sexa poesía de mala calidade, senón polo pouco interese que teño polos libros de poesía, e o segundo é o emprego que fai o autor dunha  linguaxe sen moito sentido nalgúns poemas co cal moitas veces perdíame e tiña que volvelos a ler para entender ben de que trataban, pero bueno, ao medida que o vas lendo tamén te vas dando conta de que todos os poemas se basean case na mesma cousa (razón que fixo que o libro me fose máis ameno á hora de lelo); pese a iso, ten cousas que me gustaron, Carlos Negro fala do que está a acontecer agora na xuventude e recoméndanos non facer caso das modas nin da sociedade, simplemente ser nós mesmos, cousa que me parece unha das maiores verdades e mellor consellos a toda mozidade que se poden transmitir a través dun libro. Por outra parte, gustoume que o autor defendera a igualdade entre homes e mulleres neste libro, e que nalgúns dos poemas falara sobre un gran problema, o machismo, como podemos ver no poema ``5 razóns polas que cortaría contigo´´. Aínda despois de lelo detidamente, hai un poema que non sei o que quere transmitir, o poema ``Radikal Punk´´, penso que sería unha boa pregunta para facerlle ao autor cando visite o noso centro. En conclusión, non é dos mellores libros de poesía que lin, pero fala de grandes verdades coas cales todos nós nos podemos identificar, recomendariallo a todos os adolescentes para que polo menos algúns se deran de conta de que o máis importante non é o físico nin as apariencias, senón que o máis importante é ser ti mesmo e que te queiran polo que es e non polo que aparentas. 

Sen comentarios