ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

06/05/14

Penúltimas tendencias


Comentario de Mario Salgueiro Tallón


Penúltimas tendencias
Carlos Negro
Xerais

Penúltimas tendencias é un libro precioso e na miña opinión feito para a xente xove xa que trata temas de adolescentes.
Gustoume moito a idea de cambiarlle o o nome a algunhas películas como tres metros sobre o ceo e adaptalas á súa obra.
Tamén me chamou a atención o poema de princesa (contra) disney, xa que fala dunha princesa disney rebelde.
Ao meu parecer Carlos Negro ten unha forma de escribir que me gusta bastante, son poemas que relaxan ao mesmo que son modernos.
Quedei con ganas de máis, xa que é un libro moi pequeno. Espero que siga escribindo este tipo de libros

Sen comentarios