ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

06/05/14

O corazón de Xúpiter

Comentario de Eugenia Gil Pallares
 
O corazón de Xúpiter
Ledicia Costas
Xerais
 
 
Este libro pareceume fermoso. Un libro que me enganchou e que non puiden deixalo ata rematalo. Fala, coma na maioría dos libros que máis me gustan, sobre os problemas que hai no mundo actual. Neste caso fala sobre os perigos da internet. Isla, unha rapaza duns dezasete anos, coñece a un home por internet co mesmo gusto ca ela pola astronomía. Fala todas as noites con el e pasan meses e meses falando. Isla cóntalle a súa vida, mentres que el agóchase baixo o seu alcume de Xúpiter. Despois de moito tempo, Isla decide coñecer a Xúpiter, e queda con el a noite de San Xoán. Cando se atopan, descobre que ....
Non me gusta o final deste libro, pero queira ou non, na vida real a protagonista non sempre ssae ben. Póñolle un 9.
 

Sen comentarios