ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

05/05/14

Penúltimas tendencias

Comentario de Silvia E. Ramos


Penúltimas tendencias
Carlos Negro
 
Xerais



Penúltimas tendendias é o libro máis realista que lín ata o momento e, posiblemente, o que máis me custe definir.
Denuncia os estereotipos da sociedade respecto das mulleres, é dicir, rompe coas tendencias de que as mulleres teñen que ser delicadas, dependentes, deben estar sempre ben arregladas...
Tamén me decatei nalgún poema que trata sobre o machismo que existe na sociedade actual, por exemplo, en películas, libros, etc.
En definitiva, é un libro poético que denuncia o feito de que nunha persoa, neste caso as mulleres ou adolescentes, se valore moito máis o físico ou que "cumpra as regras da moda" e non os sentimentos ou o interior da persoa.
Para rematar, gustaríame recomendarlle este libro a todo o mundo, especialmente a esas "escravas da moda", para que se decaten do que en verdade importa nas persoas.

1 comentario:

Minerva Malho dixo...

é un libro que me gustou moito ,porque é gracioso e realista e achégase a actualidade coa forma de expresarse nas poesías. Outra cousa que me gustou foi a creatividade dos títulos das poesias e ademais definen moy ben de que vai ir a continuación a poesía.Tamén me gustou porque e fácil de comprender e divirteste lendo e non te aburre nin te cansa.