ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

05/05/14

Ámote Leo A. Estación de tránsito

Comentario de Cristina Cabaleiro


Ámote Leo A. Estación de tránsito
Rosa Aneiros
Xerais 




Nesta segunda entrega da triloxía, Leo continúa viaxando e coñecendo novas culturas, costumes… enchendo a mochila dun sen fin de recordos que seguro que a marcarán para sempre, e que endexamais poderá olvidar.
Turquía, Praga, Roma, Boloña e Francia son uns dos moitos destinos que visita. Pasando xa da metade da viaxe, Leo comeza un intenso romance con Andrés, un dos compoñentes da compañía de Ruth e cía.
Con respecto á pintada de Ámote Leo A. segue sen autor, pero por casualidades da viaxe, Leo chega a pensar que é responsabilidade de Andrés. Como lectora estou realmente desorientada, non imaxino quen pode ser esa persoa, supoño que terei que esperar a última entrega para descubrir ao responsable, ou quizais non.
Quizais algo que non me convenceu de todo, foi que Leo se cortara o pelo por Andrés, pero polo demais estou encantada co libro. Encántame poder mergullarme no corpo da protagonista, realmente é como se eu estivera viaxando ao mesmo tempo que ela. A pesar de desexar saber o final, dáme un pouco de mágoa non poder seguir gozando con Leo e coas súas experiencias e aventuras.
Por último quero recomendar o libro a todos aqueles que queiran mergullarse nunha profunda viaxe pola imaxinación e desexen compartir un anaquiño do seu tempo con Leo.
 

1 comentario:

Alejandro Camanzo dixo...

Gustoume moito o libro, case tanto como o primeiro da triloxía, aínda que me pregunto cómo fara a autora para levar o terceiro libro, xa que o remate deste non é tan aberto como “Destino Xalundes”, porque remata cun claro “volvo para a casa. Xa”. Sen dúbida lereino este verán.