ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

16/05/14

Penúltimas tendencias

Comentario de Marta Rivas Gestal


Penúltimas tendencias
Carlos Negro
Xerais
 
 
Despois de ler Makinaria, onde Carlos Negro expresaba como se senten os rapaces adolescentes, comecei a ler Penultimas Tendencias, un libro tamén de poesía que fala dos sentimentos das rapazas adolescentes, a súa vida e o entorno que as rodea, as modas, as revistas e como se deben comportar.
 O poema que máis me gustou foi 'Chica out' no que mostra unha adolescente real.
 Recomendo este libro sobre todo ás rapazas que se sintan diferentes por non ter os gustos e a forma de ser que  vemos como 'normal'.

Sen comentarios