
Comentario de Lucía García Rodríguez
Ámote Leo A.
Rosa Aneiros
Xerais
Neste
libro relátase a viaxe de Leo por diversos lugares como Lisboa, Barcelona,
Marrakech, Istambul... Os amigos que nun principio a ían acompañar, mudaron de
opinión. A súa nai non estaba totalmente de acordo e advertíalle dos perigos do
mundo para facela cambiar de opinión. Facer esa viaxe que durante moito tempo
estivera planeando era o seu soño. Afrontouna soa, sen medo e sen compañía. E
saíulle ben.
A favor do libro direi que a
autora describe moi ben os lugares polos que a protagonista pasa. Pódense
observan as diferentes culturas dos países ás que Leo se acaba adaptando. Pese
a iso o libro non me convenceu de todo. A historia transcorre moi lenta sen
ningún acontecemento engaiolante. Viaxa e viaxa pero pásanlle poucas cousas
emocionantes. Cando a autora citaba os lugares que Leo visitaba non os podía
asociar a nada. Gustaríame que falase algo máis deles, para poder facerme unha
pequena idea deles.
Ao principio resultábame aburrido. Non
foi ata cerca da metade do libro cando me empeza a intrigar coas mensaxes. Unha
das cousas que me fixo seguir lendo foron as pintadas de "Ámote Leo
A." que vía en todos os lugares. Sospeito dalgún dos membros de Ruth e cia,
pero gustaríame sabelo certo. Tamén os países polos que continuará a súa viaxe.
Por iso, algún día gustaríame ler o segundo libro da triloxía.
Recomendaríallo ás persoas que queren facer
unha viaxe ou que lles dá medo e se botan para atrás. Imaxino que é unha boa
experiencia facer unha viaxe coma a de Leo. Iso si, non todos os países son
iguais.
Sen comentarios
Publicar un comentario